Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chantada recrea o seu pasado no Folión de Carros

Chantada recrea o seu pasado no Folión de Carros

Catorce grupos participan na edición deste ano dunha festa declarada Ben de Interese Cultural.

G24.gal 23/08/2025 21:19

Chantada volve recrear o seu pasado no tradicional Folión de Carros. 

"O Folión é un evento en que cada quen sabe o que ten que facer, desde os carroceiros que fan estas construccións tan elaboradas, que son o elemento esencial do Folión", explica Manuel Vázquez Regal, presidente da asociación Amigos do Folión.

Veciños e comerciantes participan unha festa que conta coa declaración de Ben de Interese Cultural. Grupos de amigos xúntanse para representar escenas do pasado da comarca: oficios tradicionais, traballos agrícolas, festas, feiras... Nesta edición apuntáronse 14 cuadrillas. 

Falan varios participantes:

"Este ano representamos un ferreiro que era na nosa zona e era ortopédico, facía próteses para os rapaces cando tiñan algún problema de pernas ou para a xente maior".

"Estou representando algo que pasou hai 44 anos, cando eu tiña 5 anos e viñeron uns carpinteiros facer o eixe para o carro, porque viviamos do carro e das vacas e eu vou facer o eixe, baixar o carro e que saia montado e andando diante do xurado".

"Somos un antigo cine de Chantada nunha época na que había tres".

"Son xente que seguramente non se ve durante todo o ano e que no mes de agosto se xuntan porque son amigos ou veñen de fóra a pasar as vacacións e se poñen a organizar un carro. Ao redor de cada carro pode haber 50 persoas: o que deixa os apeiros, o que deixa a palla, o que deixa o cartón. e a xente maior que colabora sempre porque se ve identificada coas cousas que se levan nos carros", di Manuel Vázquez Regal, presidente da asociación Amigos do Folión.

Bandas de gaitas e agrupacións tradicionais animaron as rúas coa foliada carroceira, antes de que os carros tirados por bois ou vacas empezasen a desfilar xa á noitiña.
 

"As xugadas de vacas veñen nund esfile especial en dirección contraria do evento e vanse colocando dez minutos antes de saír. Unha vez que están enganchadas van saíndo os carros pouco a pouco para que non se estresen e estean pouco tempo paradas aquí", di Manuel Vázquez Regal, presidente da asociación Amigos do Folión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade