A sardiña segue a reinar na noite de san Xoán
O churrasco gaña cada vez máis presenza nas celebracións e impulsa as vendas en carnicerías e mercados
A sardiña continúa a ser o produto estrela da noite de san Xoán, pero cada vez son máis as celebracións nas que o churrascos comparte protagonismo co peixe tradicional das fogueiras.
Nos mercados e prazas de abastos a actividade intensificouse nos días previos á festa. En postos como o de Oza, na Coruña, os barcos saíron antes do habitual para garantir o abastecemento de sardiña nunha das xornadas con maior demanda do ano. Os vendedores confían en que no falte produto, aínda que recoñecen que a procura é moi elevada.
Ao mesmo tempo, as carnicerías tamén viven días de intensa actividade. A carne de porco consolidouse como unha alternativa cada vez máis habitual nas grellas de san Xoán. Os profesionais do sector sinalan que os prezos apenas variaron respecto a outas semanas e reomendan facer as compras con antelación ante o incremento da demanda.
Así, entre a tradición da sardiña e o auxe do churrasco, os galegos preparan unha das celebracións máis multitudinarias e gastronómicas do calendario.