Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil intervén 3,2 toneladas de sardiñas ilegais en Portonovo

A Garda Civil intervén 3,2 toneladas de sardiñas ilegais en Portonovo

O peixe estaba sen documentar e foi interceptado na véspera do San Xoán

Os responsables enfróntanse a multas de entre 301 a 60.000 euros

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 25/06/2026 11:07

O Seprona de Pontevedra localizou esta semana en Portonovo un transporte con máis de 8,2 toneladas de sardiña, das cales 3,2 toneladas estaban sen documentar, ademais de superar a cota permitida.

Os axentes realizaron na madrugada do pasado martes, véspera de san Xoán, un operativo especial en distintos portos da provincia de Pontevedra para o control de actividades pesqueiras. Contaron coa colaboración de Gardacostas.

Segundo informou a Garda Civil, ao haber unha discrepancia "tan masiva" no transporte, de 3 toneladas sen rexistrar, "pódese asumir que ese peixe procede de capturas non declaradas ou ilegais".

De acordo coa escala de sancións graves, a multa pode oscilar entre os 301 e os 60.000 euros. Ademais da multa económica, a Lei de Pesca de Galicia estipula medidas adicionais para este tipo de infraccións graves, como é o comiso dos produtos obtidos ilegalmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade