Cargando resultados...
ÚLTIMA HORA
Morre Xosé Luis Méndez Ferrín
O escritor, profesor e político faleceu aos 88 anos, nova que adiantaba Nós Diario citando á familia
Figura central da cultura galega desde a segunda metade do século XX, foi presidente da Real Academia, proposto en varias ocasións para o Premio Nobel de Literatura e doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
Recoñecido sobre todo polos seus libros de poesía, como Con pólvora e magnolias, e relatos, como Percival e outras historias, tamén escribiu novela, ensaios filolóxicos, teatro ou artigos xornalísticos
Recibiu numerosos premios como o da Crítica, o Trasalba, o Nacional da Cultura Galega ou o Otero Pedrayo
Dirixente político nacionalista e independentista, foi perseguido pola ditadura franquista e estivo en prisión

G24.gal
19/11/2026 02:12