Interveñen máis de 2.500 quilos de sardiña ilegal en Cangas
A mercancía, distribuída en 190 caixas, carecía da documentación obrigatoria e fora desembarcada nun porto non autorizado
O Seprona da Garda Civil de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia, interviu 2.551 quilos de sardiña ilegal no porto de Aldán, en Cangas do Morrazo.
A actuación desenvolveuse na marugada do pasado mércores durante un operativo de vixilancia e control da actividade pesqueira. Os axentes detectaron varias irregularidades relacionadas co buque e co desembarque da mercancía.
En concreto, comprobaron que o sisema de xeolocalización estaba apagado, que a descarga se realizara nun porto non autorizado e que a sardiña carcía da documentación preceptiva.
As 190 caixas foron trasladadas ao porto de Vigo, onde quedaron baixo custodia para o seu pasaxe. Unha vez comprobadas as condicións sanitarias e garantida a súa aptitude para o consumo, toda a mercancía foi destinada a diferentes asociacións benéficas.
As irregularidades deron lugar a denuncias administratias contra o armador do buque e a empresa receptora. As sancións previstas pola Lei de Pesca de Galicia poden chegar aos 180.000 euros.