Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller duns 70 anos falece afogada na praia de Broña, en Outes

Unha muller duns 70 anos falece afogada na praia de Broña, en Outes

Era veciña de Noia e estaba a refrescarse cando o seu corpo apareceu aboiando boca abaixo nunha zona pouco profunda

G24.gal 21/06/2026 18:29

Unha muller duns 70 anos, veciña de Noia, faleceu este domingo afogada na praia de Broña, na parroquia de Santo Cosme de Outeiro do concello coruñés de Outes, segundo informou o servizo de atención a emerxencias 112 Galicia.

Os socorristas retiraron o corpo da falecida da auga, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.

A muller estaba acompañada da súa filla. O seu corpo apareceu aboiando boca baixo nunha zona onde facía pé, polo que puido sufrir unha indisposición antes de caer na auga. 

Ata o lugar do incidente desprazáronse axentes da Garda Civil, efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Noia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade