O Concello de Baiona desaconsella o baño na praia de Santa Marta por unha vertedura
Aínda que o problema xa se solucionou, a alcaldía recomenda evitar o baño ata poder realizar unha nova analítica, que está prevista para o próximo luns
A vertedura xusto coincide coa primeira onda de calor do verán
Praia de Santa Marta, Baiona. Foto: Arquivo
O Concello de Baiona desaconsella o baño na praia de Santa Marta por unha vertedura causada por un problema nun dos sistemasde bombeo. Unha vertedura que xusto coincide coa primeira onda de calor do verán.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, explicou que o incidente orixinouse no sistema de bombeo instalado nas proximidades do areal.
Tras realizar as analíticas de control o consistorio decidiu desaconsellar o baño ao detectar a presenza dunha bacteria nas augas. Aínda que o problema se solucionou, o rexedor recomenda evitar o baño ata poder realizar unha nova analítica.
Unha situación vaise previsiblemente ata o luns, día no que se se vai facer unha nova análise e se poderá certificar se xa non existe contaminación na auga.