Polémica pola prohibición de utilizar parasoles nunha praia de Sardeña
Prohibir o uso de parasoles sería aquí unha medida moi impopular
Italia toma a decisión polo risco de incendios, como xa lles sucedeu hai un ano
A prohibición non afecta os menores de 10 anos e os maiores de 65
Coa néboa que había esta mañá en Sanxenxo, Silgar estaba baleira e os parasoles pechados a cal e canto, unha estampa dificil de atopar ás portas do verán.
"Agora dá gusto vela, pero cando está chea de parasoles loxicamente cambia moito a paisaxe", comenta un señor.
Esta é a imaxe máis habitual, o areal cheo de parasoles, que para moitos son unha necesidade.
"Porque me queimo enteiro eu de ter parasol sempre sombra", apunta outro.
"Eu creo que un parasol ben plantado non lle fai mal a ninguén".
Algún risco si que ten.
"Si é certo que con vento adóitase ver algún que sae voando por aí".
E sen vento tamén poden ter perigo. A parte metálica exposta a horas de sol pode actuar como unha lupa que pode prender en contacto con papel ou bolsas plásticas. Así sucedeu hai un ano nunha praia de Sardeña. Provocou un incendio e houbo que evacuar unha parte do areal. É por iso que este ano decidiron prohibir os parasoles nun dos areais máis populares de Italia, unha decisión que non gustou moito.
"Paréceme absurdo que sexa esa a escusa".
"Teñen que ser moitos factores xuntos para prender un parasol".
"E creo que é máis importante protexer do sol que que poida arder un parasol".
A polémica está servida.
"Eu creo que a praia ten que ser o que é ao natural, o que baixa a tomar o sol baixa a tomar o sol e o que queira poñerse á sombra, que non baixe á praia", conclúe un home.