Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catros coches implicados nun accidente en cadea en Santiago, con dous feridos

Catros coches implicados nun accidente en cadea en Santiago, con dous feridos

A Policía Local  busca o condutor ou condutora que provocou a colisión, con catro coches implicados, na Fonte de Santo Antonio

G24.gal 20/06/2026 12:10

Catro vehículos víronse implicados nun accidente de tráfico urbano en Santiago de Compostela, polo que dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital, segundo a información proporcionada polo 112 Galicia.

O sinistro produciuse ao redor das 22.20 horas na rúa da Fonte de Santo Antonio. A esa hora, un particular informou á central de emerxencias dunha colisión por alcance á altura da fonte situada nesa rúa.

O alertador explicou que tres dos coches resultaran afectados e que o cuarto, que parecía que fora o causante --con base no seu testemuño--, continuou a súa marcha. Ademais, algunhas das persoas afectadas queixábanse por molestias.

Ata o lugar desprazouse persoal do 061, voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local, que confirmaron que eran catro coches os implicados. Pola súa banda, o servizo de urxencias sanitarias trasladou en ambulancia medicalizada a dúas persoas feridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade