Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan o corpo dun home que apareceu aboiando no porto de Cambados

Rescatan o corpo dun home que apareceu aboiando no porto de Cambados

O corpo é dun home de 83 anos de idade, veciño de Cambados, que presenta signos de violencia

A voz de alarma deuna un home que casualmente pasaba cunha moto de auga polo porto de Tragove e viu o cadaver flotando contra as 11:30 deste sábado

Non constan na zona denuncias por desaparición nin tampouco se puideron determinar aínda as causas do sucedido

Porto de Tragove, Cambados, este sábado Porto de Tragove, Cambados, este sábado
G24.gal 20/06/2026 13:54 Última actualización 20/06/2026 17:08

 O corpo sen vida dun home foi achado este sábado aboiando en augas do porto de Tragove, na localidade pontevedresa de Cambados, segundo confirmaron desde a Garda Civil. O corpo é dun veciño de Cambados de 83 anos, que no momento no que foi rescatado non tiña a documentación con el.

Foi un particular que navegaba cunha moto de auga  pola zona do porto de Tragove ao redor das once e media da mañá o que alertou aos servizos de emerxencias e ás autoridades da presenza do cadáver desta persoa. O corpo da vítima non presenta signos de violencia.

Segundo refiren desde o instituto armado, non constan na zona denuncias por desaparición nin tampouco se puideron determinar aínda as causas do sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade