Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha puñalada tras cortar unha conexión ilegal á luz nas Pontes

Investigan unha puñalada tras cortar unha conexión ilegal á luz nas Pontes

O propietario dunha vivenda resultou ferido nun brazo ao intentar eliminar un enganche fraudulento

A Garda Civil mantén aberta a investigación 

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 18/06/2026 19:11 Última actualización 18/06/2026 19:22

A Garda Civil investiga un home acusado de agredir cunha arma branca o propietario dunha vivenda que ocupaba de forma ilegal nas Pontes de García Rodríguez. 

Segundo a denunica, os feitos ocorreron o pasado venres cando o dono do inmoble, acompañado dun electricista, trataba de eliminar unha conexión fraudulenta é rede eléctrica. Nese momento, o ocupante reaccionou de forma violenta e presuntamente asestoulle unha puñalada nun brazo. 

O ferido foi trasladado a un centro de saúde, onde recibiu atención médica, e psoteriormente presentou a denuncia. 

A investigación segue aberta. O presunto agresor declarou este mércores ante a Garda Civil e quedou a disposición xudicial. Segundo fontes próximas ao caso, despois da agresión volveu realizar unha conexión ilegal á rede eléctrica. 

Veciños da zona describen o investigado como unha pesoa conflitiva e aseguran que xa protaganizara episodios con anterioridade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade