Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha das tres mozas atropeladas na noite deste mércores en Silleda recibe a alta

Unha das tres mozas atropeladas na noite deste mércores en Silleda recibe a alta

O mozo que as atropelou deu positivo nas probas de alcolemia

G24.gal 18/06/2026 16:40

Tres mozas resultaron con feridas de diversa consideración despois de seren atropeladas nun paso de peóns en Silleda. Ocorreu á última hora desta pasada noite e a violencia do impacto provocou que quedaran tendidas sobre a calzada ata que chegaron os servizos de emerxencia e as trasladaron a centros hospitalarios de Santiago para atender as lesións provocadas.

O accidente ocorreu cerca das once da noite a carón da rúa Pintor Colmeiro de Silleda.

Semella que un turismo, conducido por un veciño da vila, incoporábase a esta rúa desde a intersección con Trasdeza, cando por causas que se descoñecen as levou por diante.

O impacto dos corpos contra o coche fixo que quedaran tendidas sobre a calzada.

O atropleo causou especial conmoción entre os clientes que estaban nese momento na terraza dun bar próximo e que foron os que alertaron nun primeiro momento os servizos de emerxencia e prestaron os primeiros auxilios.

As mozas, de 22 e 21 anos de idade, presentaban feridas de diversa consideración, e foron trasladadas en cadansúa ambulancia a centros hospitalarios de Santiago e ao Hospital Clínico. Unha delas xa foi dada de alta.

O mozo que as atropelou deu positivo nas probas de alcolemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade