Unha moza resulta ferida de gravidade tras ser atropelada en Celanova
Debido á gravidade das lesións, foi trasladada en helicóptero medizalizado ao CHOU
O acompañante necesitou atención psicolóxica especializada
Unha moza de 19 anos resultou ferida de gravidade despois de ser atropelada cando cruzaba a estrada en Celanova, Ourense.
O suceso tivo lugar ás 15.45 horas en Vilanoa dos Infantes, na N-540, no quilómetro 23. A moza atopábase cruzando a estrada cando foi atropelada.
Debido á gravidade das lesións, foi trasladada en helicóptero medizalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU), onde se atopa en estado crítico.
Segundo o 112 Galicia, a moza ía acompañada doutra persoa cando foi alcanzada polo vehículo. O acompañante necesitou atención psicolóxica especializada e púxoselle en contacto co Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).
Pola súa parte, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 organizou o traslado urxente da ferida, xa que, segundo apuntaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, o seu estado era grave.
Ademais, os profesionais sanitarios trasladaron a dúas persoas máis.