Cargando resultados...
Un camión formigoneira envorca en Boiro e provoca problemas na AC-305
O condutor resultou ferido leve e non tivo que ser trasladado ao hospital
G24.gal
19/06/2026 18:32
Última actualización 19/06/2026 18:43
Un camión formigoneira envorcou este venres en Boiro e quedou atravesado en dous carrís.
O accidente ocorreu na AC-503 á altura da rotonda de Vilariño.
O condutor do vehículo resultou ferido leve, recibiu atención no mesmo lugar e non tivo que ir ao hospital.
O sinistro obrigou a armar un gran dispositivo para retirar o camión da calzada e intentar regular a circulación no lugar.