Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller resulta ferida nun atropelo na avenida das Pías de Fene

Unha muller resulta ferida nun atropelo na avenida das Pías de Fene

A vítima estaba cruzando por unha zona indebida

Os veciños piden máis pasos de peóns na zona

 

G24.gal 10/06/2026 14:20

A forza do impacto sobresaltou os veciños pouco antes da unha do mediodía. Unha muller acababa de ser atropelada na avenida das Pías.

"A rapaza cruzou e un coche que ía dirección Coruña non a viu, ela tampouco ao coche, e houbo un atropelo".

A vítima levou un forte golpe na cabeza e tivo que ser trasladada ao hospital en ambulancia. Trátase dunha veciña de 40 anos que tentou cruzar os catro carrís nunha zona prohibida para os peóns. Unha imprudencia que se repite constantemente.

"Eu cruzo todos os días, todos o facemos". "Procuras parar na mediana e mirar ben, pero cruzar cruzamos todos". "Vas con présa ao traballo e ao final cruzas ao tolo".

Non é a primeira vez que se produce un atropelo similar na zona. Os veciños quéixanse da falta de pasos habilitados neste treito de tráfico intenso.

"Hai un paso alí na igrexa, pero despois cara a abaixo xa nada ata chegar a un paso subterráneo". "No paso máis próximo hai semáforos que tardan moito e tes que agardar, e despois volver agardar". "Terían que poñer un paso de cebra ou unha pasarela para peóns a esta altura".

Uns pasos que, consideran, mellorarían a seguridade viaria na zona e evitarían que esta temeraria imaxe se producira a diario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade