Publicador de contidos

Publicador de contidos

España lidera as incautacións de haxix e cocaína Unión Europea

España lidera as incautacións de haxix e cocaína Unión Europea

O último informe anual de drogas da Comisión Europea constata que é a porta de entrada da droga no territorio comunitario 

Piden unha resposta renovada para poder facerlles fronte ás constantes innovacións dos métodos e rutas dos narcos

G24.gal 10/06/2026 14:43

Hai pouco máis dun mes, interceptábase preto das Canarias un dos maiores alixos de cocaína intervidos en mar aberto. Dez toneladas de droga agochadas nun cargamento de sal.

"Sabemos que esta mercadoría ía distribuírse a distinta organizacións", asegura Alberto Morales, comisario xefe da UDYCO da Policía Nacional. 

Os responsables da Comisión Europea aludiron a esta operación na presentación do seu último informe anual sobre drogas para destacar que España, pola súa posición xeográfica segue sendo unha peza clave na loxística das grandes redes internacionais do narcotráfico.

A proba é que no último ano avaliado pola Comisión, o 2024, liderou as incautacións de cocaína con 124 toneladas, superando con moito as 53 de Francia ou as 44 de Bélxica. 

Nese período foi tamén o país comunitario onde se interveu máis haxix, 206 toneladas. O informe comunitario resalta ademais a colaboración e a capacidade de innovación dos narcos á hora de idear formas de transportar a droga.

Chama a atención sobre a diversificación de métodos e rutas co apoio de novas tecnoloxías coma os dróns ou lanchas rápidas. 

"Distintos grupos ían recoller con embarcacións rápidas este tipo de droga", indica Morales sobre o cargamento das Canarias.

Os responsables do informe comunitario consideran ademais que, como proban os últimos sucesos rexistrados nas costas andaluzas, estas formas emerxentes son difíciles de abordar e esixen unha resposta renovada para poder facerlles fronte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade