Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abegondo estrea o luns centro de saúde con novos servizos, como psicoloxía clínica

Abegondo estrea o luns centro de saúde con novos servizos, como psicoloxía clínica

G24.gal 18/06/2026 16:27 Última actualización 18/06/2026 17:37

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na inauguración do novo centro de saúde do concello coruñés de Abegondo, que comezará atender os 5.000 habitantes da vila a partir do luns. O xefe do Goberno galego asegurou que estas instalacións son un exemplo da sanidade integrada, accesible e de vangarda que impulsa a Xunta.

Construído con madeira e materiais 100% galegos e usando técnicas de arquitectura industrializada para axilizar as obras, no novo centro de saúde de Abegondo traballarán 11 profesionais, dous máis que no antigo, e como novidade ofrecerá ademais atención de psicoloxía clínica e sala de lactación. Alfonso Rueda enmarca estas instalacións na aposta da Xunta por reforzar a sanidade e, sobre todo, a Atención Primaria.

"Esta é a sanidade que pagan os galegos e polo tanto é a que hai qie darlles. O que máis nos importa, ao que máis recursos públicos lle dedicamos, case o 44% dos 14.500 millones de euros do presuposto da Xunta, é para a saúde", dixo Rueda.

Este venres comezará o traslado de equipamentos e persoal do antigo centro ao novo, no que se investiron máis de tres millóns de euros, e que comezará a funcionar o luns. O vello edificio dedicarase a servizos de conciliación do concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos