Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 29 de xuño comenzan os campamentos de verán da Xunta

O 29 de xuño comenzan os campamentos de verán da Xunta

Este ano ofértanse unhas 12.000 prazas, unha cifra superior a do ano pasado

As prazas xa foron asignadas por sorteo pero dende a administración autonómica aseguran que haberá que estar pendentes ás vacantes que queden libres

G24.gal 20/06/2026 16:33

Despois de dicir adeús o curso escolar, comezan as auténticas vacacións para moitos nenos e nenas de Galicia. A organización do verán para as familias non resulta sinxela. Por diante, teñen 77 días libres.

O campamentos de verán son das opcións con máis demanda. Os da Xunta parten este ano con record de prazas, arredor de 12.000 por mor da gran demanda. As idades van dende os 9 e ata oo 17 anos e con prezos que van dende os 90 e ata os 190 euros.

Campamentos con descontos de ata o 25% para as familias monoparentais, numerosas ou acolledoras e para a cativada que conte co carné xove. Están espallados por toda a xeografía galega. E aínda as prazas xa foron adxudicadas mediante sorteo, existen vacantes para os máis rezagados.

Os campamentos comezarán este 29 de xuño e durarán ata a primeira semana de setembro que inclúen campos de volunariado para os maiores de idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade