Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os campamentos e actividades de verán da Xunta contarán este ano con 11.932 praazas

Os campamentos e actividades de verán da Xunta contarán este ano con 11.932 praazas

O presidente da Xunta destaca que é "a maior oferta que houbo nunca"

(Europa Press/Cézar Arxina) (Europa Press/Cézar Arxina)
G24.gal 13/04/2026 12:39 Última actualización 13/04/2026 14:52

O Consello da Xunta aprobou este luns a convocatoria dos campamentos e actividades de verán, que neste 2026 contarán con 11.932 prazas, 302 dúas máis ca o ano pasado, e que, segundo afirmou Alfonso Rueda "é a maior oferta que houbo nunca". As prazas están destinadas a nenos e mozos de 9 a 30 anos

As familias atopan nesta campaña un recurso de conciliación único para o tempo estival. A Xunta investirá nesta convocatoria uns 5,5 millóns de euros.

Esta oferta está composta por varias modlidades que se adaptan as necesidades e preferencias de cada usuario, en total serán cinco modalidades: campamentos, minicampamentos, campos de voluntariado, actividades para maiores de 18 anos e unha oferta centrada en instalacións xivenís.

8.050 desas prazas son para campamentos para nenos e nenas de 9 a 17 anos para estancias de 8 a 15 días, incluídas varias en intercambio con outras autonomías.

Os minicampamentos son para nenos de entre 9 a 12 anos para estancias de cinco días de duración, e ofertaranse 876 prazas.

Para os maiores de 18 anos hai dúas alternativas: campos de voluntariado, con 665 prazas en Galicia, 75 noutras autonomías e 75 no estranxeiro; e 160 prazas para as chamadas actividades de ocio alternativo e saudable

Esta oferta compleméntase coa cesión das instalacións públicas da Xunta para as entidades ou grupos xuvenís, que ofertarán un total de 1.270 prazas.

Como novidade, afirmou Rueda, terán prioridade as persoas que non participaron o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade