Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan varios roubos con forza en vehículos estacionados nun aparcadoiro de Moaña

Investigan varios roubos con forza en vehículos estacionados nun aparcadoiro de Moaña

Segundo a Garda Civil, os feitos sucederon no aparcadoiro do Campo de Golf de Domaio e os delincuentes levarían maiormente chaves de domicilios e de coches que estaban no interior dos vehículos asaltados

Imaxe dun dos coches afectados. CEDIDA/EUROPA PRESS. Imaxe dun dos coches afectados. CEDIDA/EUROPA PRESS.
G24.gal 30/10/2026 11:24

A Garda Civil investiga varios roubos con forza ocorridos esta semana en vehículos aparcados nun aparcadoiro da localidade pontevedresa de Moaña.

Segundo fontes da Benemérita consultadas, os feitos sucederon no aparcadoiro do Campo de Golf de Domaio, en Moaña, e que os delincuentes levarían maiormente chaves de domicilios e de coches que estaban no interior dos vehículos asaltados.

Malia iso, as mesmas fontes explicaron que, polo de agora, ningún dos afectados presentou denuncia oficial ante a Garda Civil.

Precisamente, un dos afectados contou que o ladrón ou os ladróns empregarían unha panca para acceder ao interior do coche, sen romper as xanelas pero deixando unha marca estética enriba da porta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade