Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desfrutar das vacacións escolares con calma para chegar con forza a setembro

Desfrutar das vacacións escolares con calma para chegar con forza a setembro

 Equilibrar o tempo libre coa a aprendizaxe axuda tanto a pais como a fillos a desfrutar do verán

Cómpre non saturar aos rapaces con actividades no verán para chegar con forzas ao reinicio do curso

 

G24.gal 20/06/2026 14:41

Coa chegada do verán as aulas quedan baleiras e os rapaces descubren que ese tempo tan programado con actividades e estudos desaparece. E quen máis nota ese tempo baleiro son os pais que teñen que facer malabarismos para entreter e desfrutar dos rapaces todo o día.

"Sería recomendable buscar un equilibrio entre a actividade, o descanso e tamén deste xeito os pais poden conciliar mellor", comenta a psicóloga clínica, Alba Abeleira.

Entre deixar aos nenos no parque ou vendo a televisión, moitos son os pais que aproveitan as actividades culturais de entidades públicas, como este contacontos de cordel na biblioteca compostelá Anxo Casal.

"Saír fora, xogar, pero tamén está o tema das pantallas. Estes espazos proporciónalles un momento para aquedar e para distraerse das pantallas tamén", apunta a conta contos, Ana Belén Trillo.

Unhas actividades que axudan aos nenos a desfrutar do tempo libre pero tamén aos pais.

"Non só hai parque, praia e piscina. Tamén é moi beneficioso para eles manter este tipo de actividades que espertan un pouco máis a mente", indica unha das nais presentes na actividade cultural.

É tempo de cursos ao aire libre dalgún deporte, coñecer actividades gandeiras e os traballos dunha granxa, ou mesmo aprender idiomas ou facer esas cousas para as que non se tivo tempo o resto do ano.

"O aconsellable é que buscasen ese equilibro entre actividades e descanso e que non sobrecargasen as axendas dos nenos e das nenas como se estivesemos no inverno. É importante tomalo como unha sorte de reinicio para todos e poder coller setembro con máis forza e máis gana", incide a psicóloga sobre os obxectivos finais do tempo vacacional.

E non pasa nada se aparece o aburrimento, é fonte de creatividade e espontaneidade. Segundo os psicólogos, Ademais os rapaces van lembrar non tanto as actividades que fixeron no verán senón o tempo que compartiron coa súa familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar