Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Morrazo mellora a accesibilidade das súas praias cunha nova rampla en Mogor

O Morrazo mellora a accesibilidade das súas praias cunha nova rampla en Mogor

Unha pasarela de madeira salva o desnivel entre a estrada e o areal, para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida

O Morrazo repite este verán con cinco bandeiras azuis nos seus areais

G24.gal 19/06/2026 14:31

Gozar da praia é un dereito de todos, pero non sempre se pode facer, porque moitos areais son inaccesibles a persoas con mobilidade reducida. Iso está cambiando, e os concellos van mellorando as infraestruturas. É o caso da praia de Mogor, en Marín, que estrea nova rampla para baixar á area.

As internas da residencia de anciáns que hoxe podían disfrutar dun día de sol e praia son algunhas das beneficiarias da pasarela. Os arredor de catro metros de desnivel entre a estrada e a area fan moi complicado o acceso, sobre todo cando hai que apoiarse en muletas para camiñar. Agora, unha rampla de madeira con suave pendente, facilita a baixada en Mogor.

O proxecto, cun custo de 115 mil euros, incluíu a reconstrución das escaleiras de pedra e a colocación dunha nova varanda de aceiro. Un acceso adaptado a todas as persoas é a mellor maneira de garantir o dereito universal a desfrutar dun espazo público á beira do mar. Algo que non se cumpre en todos os areais. 

O acceso é un dos requisitos para obter a bandeira azul e O Morrazo repite este ano con cinco distincións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos