O persoal de socorrismo comeza a incorporarse ás praias de Sanxenxo
Os quipos de Silgar, Montalvo, Areas e Canelas son os primeiros en iniciar a campaña en Galicia neste 2026
Os areais de Foxos e da Lanzada tamén contarán co servizo as dúas vindeiras fins de semana
Na maioría das praias galegas os concellos aínda non activaron os servizos de socorrismo. Algúns farano este luns e outros agardarán ao 1 de xullo coa chegada do turismo.
Sen embargo, o concello de Sanxenxo adiantouse a este venres e en catro dos seus areais xa hai vixilancia. E o motivo é a afluencia de bañistas.
Alexandro Lima leva cinco anos traballando como socorrista en Sanxenxo. Xunto cos seus compañeiros son os primeiros que vemos nunha praia galega neste 2026.
Traballan en equipos de tres, desde a torre de vixilancia estática cos ollos postos na auga, a patrulla ao pe da area e no módulo dos primeiros auxilios.
"O punto de estrés e de atención é necesario pero sen que te sobrepase nun certo momento. No caso dos rescates acuáticos intervimos sempre en equipo, o primeiro intervinte é o que está no mar, despois o que está no módulo, e sempre temos a coordinación detrás que, no caso do rescate acuático que en cuestión de minutos, está connosco dándonos apoio. É habitual que un afogamento acabe nunha parada cardiorespiratoria. Entón si que temos esa formación en primeiros auxilios para poder comezar a reanimación cardiopulmonar", conta a TVG Alexandre Lima, un dos socorrista acuáticos do concello de Sanxenxo.
Iso é durante unha emerxencia, pero antes dos accidentes, para previr os accidentes, vixian, identifican conductas de risco, supervisasn o aforo dos areais e informan aos bañistas dos protocolos e reglamentos.
"Pero nós non temos ningún tipo de autoridade. Intentamos que a xente se comporte da mellor maneira e ao final os que teñen que facer cumprir a normativa son os axentes da autoridade. Lembro unha anécdota en Areas. Os animais na época estival están prohibidos nos areais. E apareceu un home paseando unha tartaruga. Mirabámonos e diciámonos, ¿pero como pode ser? ¿que lle dicimos agora?¿Pódese estar cunha tartaruga, non se pode? Pero non, non se pode. Animais domésticos non están permitidos.", engade Alexandre Lima, que é socorrista acuático.
Coma Alexandre en Silgar Edgar e o seus compañeiros vixiaban este domingo ao areal de Canelas, Montalvo e Areas. Entre os sanitarios e os socorristas o plantel de socorrismo en Sanxenxo fórmano 87 persoas, apoiados por dúas pneumáticas na auga.