Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un segundo menor rescatado tras afogarse nunha praia de Tarragona

Morre un segundo menor rescatado tras afogarse nunha praia de Tarragona

Trátase dun dos menores de 13 anos que se atopaba hospitalizado en estado crítico 

Outro rapaz de 12 anos morreu xa no areal 

Ningún dos tres puido saír da auga mentres se bañaban preto dunha zona rochosa, onde ondeaba a bandeira amarela debido á ondada

Imaxe da praia da Arrabassado de Tarragona onde afogaron os tres menores. EFE / Javier Díaz. Imaxe da praia da Arrabassado de Tarragona onde afogaron os tres menores. EFE / Javier Díaz.
G24.gal 20/06/2026 10:26

Un menor de 13 anos morreu nas últimas horas despois de ser rescatado este venres xunto a outros dous rapaces nunha praia de Tarragona, o segundo que falece como consecuencia do accidente, mentres que un terceiro permanece en estado crítico.

O presidente da Generalitat, Salvador Illa, informou este sábado nas redes sociais "con moita tristeza" da noticia da morte deste segundo menor por mor do accidente na tarde do venres na praia de l'Arrabassada de Tarragona.

Os dous falecidos e o menor ingresado no hospital Joan XXIII de Tarragona en estadio crítico non puideron saír da auga mentres se bañaban preto dunha zona rochosa na praia, onde ondeaba a bandeira amarela debido á ondada.

Segundo Protección Civil, os socorristas alertaron aos servizos de emerxencia, sobre as 15.30 horas do venres, de que seis mozos tiñan problemas para saír da auga mentres se bañaban na zona da cova do Gos.

Tres dos mozos lograron saír polos seus propios medios, pero os outros tiveron que ser rescatados polos servizos de emerxencias.

Dos tres rescatados, un, de 12 anos, non puido ser reanimado polos sanitarios dos servizos de emerxencias e os dous, de 13, foron evacuados ao hospital en estado crítico. Nas últimas horas, faleceu tamén un deles.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade