Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home confesa que matou o logopeda do seu fillo ao crer que abusaba do pequeno

Un home confesa que matou o logopeda do seu fillo ao crer que abusaba do pequeno

Fontes xornalísticas sinalan que o arrestado sospeitaba que a vítima abusaba do menor

O presunto homicida pasará este mércores á disposición xudicial

 

EFE/Raquel Segura
G24.gal 16/06/2026 11:27 Última actualización 16/06/2026 13:36

Un mozo de 24 anos matou presuntamente o logopeda do seu fillo en Valencia, ao sospeitar que abusaba do pequeno de 2 anos. O home entregouse na comisaría, onde confesou o crime.

A vítima é un home de 32 anos, o logopeda que atendía o fillo de 2 anos do detido nunha clínica situada no barrio de Marxalenes, en Valencia. Segundo a prensa local, o pai regresou á consulta antes de tempo e atopou o menor sen cueiro e cos pantalóns baixados.

Ao esixirlle explicacións ao logopeda por sospeitar que abusaba do neno, ambos os dous homes iniciaron unha discusión que rematou cando o pai do pequeno sacou unha navalla e acoitelou o outro home.

Despois de deixar o fillo na casa, o presunto homicida, de 24 anos, entregouse na comisaría de Burjassot, localidade próxima á capital valenciana onde reside. Aínda levaba as mans manchadas de sangue, segundo confirmaron os axentes que o arrestaron despois de confesar o crime. A arma utilizada, de 15 centímetros de folla, tamén foi recuperada.

O detido pasou esta primeira noite nos calabozos da comisaría de Burjassot e probablemente este mércores pasará á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade