Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridos leves varios menores nunha colisión entre un autobús escolar e un camión en Vigo

Feridos leves varios menores nunha colisión entre un autobús escolar e un camión en Vigo

O microbús transportaba o condutor, un acompañante e 26 escolares, dos que 8 sufriron feridas leves

O condutor do camión resultou ileso

TVG TVG
G24.gal 27/11/2026 11:46 Última actualización 27/11/2026 12:13

Varios menores sufriron feridas leves na mañá deste venres tras un accidente entre un autobús escolar e un camión na avenida Ricardo Mella, en Vigo. A colisión frontolateral aconteceu no punto quilométrico 4,500 da estrada PO-325 (Vigo–A Ramallosa), comunicou a Garda Civil de Tráfico.

Segundo fontes do 112 Galicia, tal e como informaron a Europa Press, o suceso tivo lugar pouco despois das 9:00 horas. O propio condutor do autobús alertou os servizos de emerxencia, comunicando que o seu vehículo chocara contra un camión.

O microbús transportaba o condutor, un acompañante e 26 escolares. Das persoas que viaxaban no vehículo escolar, 20 resultaron ilesas e 8 sufriron feridas leves; estas últimas foron trasladadas a centros sanitarios.

O condutor do camión resultou ileso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade