Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas quedan feridas nun accidente na N-525 en Ourense

Dúas persoas quedan feridas nun accidente na N-525 en Ourense

O sinistro, ocorrido á primeira hora da mañá, causou importantes retencións de tráfico

G24.gal 27/11/2026 12:07

Dúas persoas quedaron feridas nun accidente de tráfico que tivo lugar á primeira hora da mañá en Ourense. Ocorreu contra as oito e media, na estrada nacional 525, á altura da rúa Marcelo Macías.

Dous turismos chocaron e nun primeiro momento avisaron os bombeiros ante o temor de que houbese atrapados. Segundo informou Urxencias Sanitarias, dúas persoas precisaron asistencia médica.

O sinistro ocasionou importantes retencións ao tratarse dunha hora de tráfico intenso cara aos colexios e tamén cara aos polígonos industriais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade