Atopan o corpo dunha muller aboiando no mar en Dumbría
Praia do Ézaro, esta tarde
Unha muller faleceu na praia do Ézaro, en Dumbría.
O seu corpo foi localizado flotando no mar e, aínda que se lle realizaron manobras de reanimación, os sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Foi sobre as 16.30 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso a través do 061 de que había unha muller á que sacaran inconsciente da auga na praia do Ézaro. Apareceu flotando na beira.
Durante a comunicación, indicouse que se estaba desprazando ata o lugar o helicóptero medicalizado do 061.
Ata o punto desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil de Dumbría.
A autopsia determinará as causas exactas do falecemento.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha muller á que localizaron aboiando no mar en #Dumbría.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 12, 2026
📍 Praia do Ézaro.
➡️ Practicáronlle manobras de reanimación, mais só puideron confirmar o seu falecemento.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil e AVPC de Dumbría. pic.twitter.com/xGsksQF66z