Cargando resultados...
Rescatado un bañista en Camariñas que entrou en parada cardiorrespiratoria
O home sufriu unha indisposición na auga e tivo que ser trasladado ao hospital no helicóptero do 061
G24.gal
18/07/2026 20:57
Última actualización 18/07/2026 21:19
Un home, de entre 60 e 70 anos, sufriu unha indisposición mentres se bañaba na praia de Arou, no concello de Camariñas, e entrou en parada cardiorrespiratoria.
O servizo de socorristas do areal rescatouno da auga e alertou o 112, que mobilizou efectivos de Protección Civil e varias unidades de asistencia sanitaria.
O bañista, veciño de Ponte do Porto, foi trasladado no helicóptero do 061 a un centro hospitalario.