Varios veciños de Cospeito conviven desde hai días cunha vertedura de xurro
Un camión foi vertendo o material durante preto de sete quilómetros
Un camión cargado con xurro foi vertendo a súa carga durante máis de sete quilómetros na estrada que une os concellos lucenses de Rábade, Castro de Rei e Cospeito. Precisamente neste último foi onde parou o camión durante uns intres, deixando gran parte da carga na porta da casa de Mariano.
"Era un regueiro bastante normal, pero parou aquí e descargou de todo, diante da parada do bus e da casa da veciña. Despois seguiu o camiño sen que ninguén lle parara. Chegou ata Muimenta", comenta Mariano.
Os bombeiros acudiron xa a limpar a zona, pero os veciños non quedaron de todo satisfeitos. Nalgunhas casas, teñen xurro ata na entrada.
"Tras media hora deixou un olor increible. Cando pasas xusto por onde baleirouse a maior parte, queda un olor increible. Moi mal", comenta outro veciño.
Agora, reclaman unha nova limpeza para recuperar a normalidade