Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de San Cristovo de Monterrei sinalizan camiños para axudar na extinción dos lumes

Veciños de San Cristovo de Monterrei sinalizan camiños para axudar na extinción dos lumes

A idea xurdiu de Guillaume e Isabelle que deixaron Francia para vivir en San Cristovo, atraídos pola tranquilidade e a paisaxe, pero o ano pasado a falta de covertura complicou a extinción dos lumes que a pouco arrasan co seu paraíso

Desañaron cinco rutas polas que poden pasar os camións e indicaron o percorrido cunha trintena de sinais feitos amoreando pedras e cunha lousa para marcar a dirección

G24.gal 18/07/2026 15:13 Última actualización 18/07/2026 18:05

Guillaume e Isabelle deixaron Francia, hai xa un par de anos, para vivir en San Cristovo, atraídos pola tranquilidade e a paisaxe, pero, o verán pasado, un gran lume transformou en cinsa o seu paraiso. Un incendio ao que acudiron equipos de extinción de distintos puntos de Galicia e mesmo de fóra da nosa comunidade.

Os problemas de cobertura complicación a actuación destes efectivos. Para que non se volva repetir, decidiron sinalizar todos aqueles camiños que rodean a aldea e polos que poden pasar os camións con seguridade. Fixérono coas pedras que hai no monte, un sistema barato e resistente ao lume. Amoreáronas para marcar o percorrido.

En total, cinco rutas que tamén trasladaron a un mapa que lle facilitaron aos equipos de emerxencias e a un folleto que repartiron entre os veciños para todos poidan axudar. Unha iniciativa que xa queren replicar noutras aldeas da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade