Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un condutor de 26 anos tras sufrir unha colisión cunha furgoneta na OU-533, no Bolo

Morre un condutor de 26 anos tras sufrir unha colisión cunha furgoneta na OU-533, no Bolo

O acompañante saíu ileso. Os ocupantes da furgoneta, dous adultos e dous menores de idade, teñen feridas leves

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 14/07/2026 17:18

Un condutor de 26 anos faleceu este martes tras sufrir un accidente consistente nunha colisión cunha autocaravana cando circulaba pola comarcal OU-533 ao seu paso polo termo municipal do Bolo.

Segundo informou a Garda Civil, o contratempo fatal produciuse minutos antes das catro da tarde na estrada comarcal que comunica A Gudiña coa Rúa.

Como consecuencia, o condutor do turismo, madrileño, morreu; mentres que o acompañante saíu ileso. Os ocupantes da furgoneta, dous adultos e dous menores de idade, teñen feridas leves.

O falecido levaba posto o cinto de seguridade, especifica o comunicado.

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar. Tamén acudiron os Bombeiros de Valdeorras, o GES da Veiga, a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo.

Unha vez no punto, os servicios de emerxencias liberaron ao condutor do turismo, aínda que nada se puido facer por evitar o seu falecemento. Un segundo ocupante do coche tivo que ser evacuado ata o hospital de referencia, mentres que os da autocaravana foron atendidos no punto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade