Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre afogado un bebé nunha piscina particular no barrio de Teis en Vigo

Morre afogado un bebé nunha piscina particular no barrio de Teis en Vigo

Os sanitarios, que se trasladaron ata a vivenda, realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar, pero non foi posible salvar a vida do menor

A familia está recibindo o apoio do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias

G24.gal 24/07/2026 20:13

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 17:40 horas por parte dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para un bebé.

O menor, segundo informou o 112, presentaba dificultades respiratorias tras sufrir un afogamento nunha piscina particular nunha vivenda, situada no barrio vigués de Teis 

De inmediato, informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, de forma complementaria, aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Os profesionais sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar, pero finalmente non foi posible salvar a vida do menor.

Así mesmo, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), co obxectivo de prestar apoio especializado á familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade