Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta mantén a prealerta por seca en 32 concellos da Coruña e de Pontevedra

A Xunta mantén a prealerta por seca en 32 concellos da Coruña e de Pontevedra

A Oficina Técnica da Seca decidiu manter a situación adoptada o 8 de xullo ante a "escaseza moderada" de auga

Acordou tamén a aplicación de medidas equivalentes pero senchegar a declarar a prealerta no subsistema de Baiona

G24.gal 24/07/2026 18:46 Última actualización 24/07/2026 18:53

A Xunta mantén a prealerta por seca en 32 municipios dos sistemas do río Lérez (Pontevedra) e do Anllóns e Costa da Coruña ata o límite con Arteixo, ante a escaseza "moderada" de auga. A Oficina Técnica da Seca, reunida este venres, decidiu tamén manter a aplicación de medidas equivalentes a un escenario de prealerta, sen chegar a declarala, no subsistema de Baiona.

Os técnicos tiveron en conta tanto os datos meteorolóxicos dispoñibles como a evolución dos caudais circulantes mensuais nos ríos da conca e outros indicadores de seca e escaseza. No conxunto da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, a situación é de normalidade a pesar de que a ocupación dos encoros é un 10,7% inferior á do ano pasado e está no 83,09%.

Os municipios afectados no sistema do Lérez son Beariz, Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda e Vilaboa.

Na conca do Anllóns, son Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Tordoia e Zas.

A prealerta implica realizar un "seguimento intensivo" da situación meteorolóxica e os niveis de ríos e encoros e medidas de concienciación para a cidadanía.

Nos 32 municipios afectados, así como en Baiona, recoméndase á poboación un uso "o máis responsable posible da auga", evitando encher piscinas ou regar con auga potable, alén de optar por duchas no canto de baños e polas funcións eco dos electrodomésticos e pechar a billa cando non se use.

Aos municipios recoméndaselles minimizar os consumos municipais non esenciais, como baldeos, rega de parques e xardíns ou duchas de auga potable nas praias. A Xunta solicitou a implicación dos municipios para establecer medidas que consideren apropiadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade