Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio da Capela e controlado o das Fragas do Eume

Extinguido o incendio da Capela e controlado o das Fragas do Eume

Arquivo. EFE/Kiko Delgado Arquivo. EFE/Kiko Delgado
G24.gal 24/06/2026 22:55

 A Consellería do Medio Rural comunicou na noite deste mércores que o incendio orixinado o domingo na Capela quedou extinguido pouco despois das oito e cuarto da tarde, mentres que o iniciado o martes no Parque Natural das Fragas do Eume está controlado desde as 20:40 horas.

O departamento autonómico precisou que o primeiro foco, o da parroquia da Capela, no municipio homónimo, comezou ás catro da madrugada do domingo e afectou finalmente a unha superficie de 36,72 hectáreas, das que 25,25 son de monte raso e as 11,47 restantes de zona arborada.

A súa extinción requiriu a mobilización, de forma acumulada, de dous técnicos, dezaoito axentes, vinte e cinco brigadas, vinte e seis motobombas, unha pa, tres helicópteros e catro avións.

Mentres, o incendio do Parque Natural das Fragas do Eume, tamén no concello da Capela, comezou pouco antes das cinco e media da madrugada do martes e, tras quedar controlado na tarde deste mércores, afectou a unhas 50 hectáreas, todas no espazo protexido.

Ata o momento acudiron á zona tres técnicos, 22 axentes, 36 brigadas, 27 motobombas, dúas pas, unha unidade técnica de apoio, cinco avións e outros tantos helicópteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar