Treboadas e pedrazo en distintas vilas galegas como consecuencia da vaga de calor
O municipio lucense de Ribas de Sil acadou os 39,4 grados, a temperatura máis alta deste mércores en Galicia
En Mondoñedo chegaron aos 39 graos e na Mariña acadaron os 34 en localidades coma Burela
Polo momento, as tormentas eléctricas deixaron en Galicia máis de 1000 raios
Os ceos pasaron a estar cubertos na maior parte do país durante a tarde deste mércores, en definitiva, a vaga de calor deu paso ás treboadas e sarabiadas.
Nas últimas horas houbo algunha treboada e, sobre todo, caeu pedrazo con certa intensidade en distintas vilas galegas como Abegondo ou Oleiros, na provincia da Coruña, e tamén na provincia de Lugo.
A Xunta activou este mércores o aviso laranxa nas zonas isoclimáticas da Mariña lucense, centro de Lugo, montaña de Lugo e Valdeorras.
Por outra banda, o aviso amarelo foi activado nas zonas do noroeste e interior da Coruña, sur de Lugo, noroeste de Ourense, Miño de Ourense, sur de Ourense, montaña de Ourense e interior de Pontevedra.
E finalmente o exceso de calor trouxo os primeiros trebóns pola tarde en Lugo mentres que en Santiago de Compostela as tormentas eléctricas comezaron cando caeu o sol, con bastante intensidade.
As tormentas eléctricas xa deixaran en Galicia máis de mil raios antes das dez da noite deste mércores de San Xoán.
A temperatura máis alta deste mércores en Galicia foi en Ribas de Sil (Lugo) onde acadaron os 39,4 graos. O termómetro alcanzou os 39,1 graos en Ourense cidade e os 38,3 graos na Pontenova case igual que Monforte de Lemos. Tampoco se quedou atrás Mondoñedo con 39 graos
As bretemas aliviaron a calor no litoral atlántico, pero en Ortegal e A Mariña repetiron temperaturas por riba dos 30 graos para as que non están afeitos. En Burela os termómetros acadaron os 34 graos, valores que tamén son bastante singulares nesta controrna.
Pola contra, as temperaturas máis baixas da xornada rexistráronse en Lalín (15,2°), en Calvos de Randín (15,3°), no Valadouro (15,7°), en Baltar (16,3°) e en Cospeito (16,4°).
O certo é que xa van moitos días de vaga de calor chegou demasado cedo nun verán que aínda está comezando.