Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baltar, Calvos de Randín e Xinzo de Limia, refuxio nocturno nesta vaga de calor

Baltar, Calvos de Randín e Xinzo de Limia, refuxio nocturno nesta vaga de calor

Mínimas entre 15 e 17 graos permitiron durmir moito mellor ca noutras zonas da provincia de Ourense e do resto de Galicia

 

 

G24.gal 24/06/2026 14:48

Nestes días de calor abafante resulta especialmente difícil nalgunhas zonas de Galicia prender o sono. Aínda así na provincia de Ourense hai lugares nos que pola noite o termómetro semella dar un descanso. 

En lugares coma Baltar, os termómetros baixaron a pasada madrugada ata os 16 graos. Houbo 17 en xinzo de Limia e 15 en Calvos de Randín. Unha sorte de refuxio climático contra a calor nunha provincia que leva días sofrindo as altas temperaturas. Non dan tregua nen sequera pola noite, facendo o descanso imposible para moitos.

A pasada noite a temperatura mínima en Ourense foi de 20,6 graos. Catro graos e medio menos que en Ourense que marcan a diferenza a hora de poder conciliar o sono.

"Non é coma en Ourense que vai moita máis calor, aquí aínda se vai levando bastante ben. Aínda se pode durmir."

 A provincia de Ourense leva días en aviso por altas temperaturas, supéranse con moito os 30 graos. En varias localidades roldan os 40 nas horas centrais do día. Xinzo non é unha excepción, aquí houbo onte 35 graos pero case 20 menos de madrugada. Unha baixa nas temperaturas nocturnas evidente non só en Xinzo, tamén nas localidades próximas. 

"Ourense é horrible, de medo, aquí estou na gloria, ademáis teño unha hamaquiña aquí e póñome aí nese cañellonciño a noitiña e aí de marabilla."

E neste triángulo refuxio das altas temperaturas está tamén Calvos de Randín, onde as 7 e media da mañá cumpría unha chaqueta e superaban con dificultade os 15 graos. Calquera destas localidades é xa lugar de referencia nunha provincia abafada pola calor nos últimos días. 

"Agora vai airiño e estase de marabilla, o mediodía ou pola tarde vai moita calor. Así e todo a noite refresca."

"No solpor xa refresca, baixan un par de graos. Hoxe temos airiño, sorprendentemente. A Ourense fun a fin de semana e ía moitísima calor e foi vir aquí e moito menos calor."

Semella que chegan cambios nos próximos días, namentres compre buscar refuxio no lugar axeitado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade