Psicólogos altruistas prestan primeiros auxilios emocionais en Venezuela
Constituíron un grupo de apoio para atención en liña
Sinalan que a intervención inmediata é fundamental para que as vítimas acepten a nova realidade
Tamén se dirixen aos familiares que viven no estranxeiro
"Dirixímonos a persoas que perderon a súa familia, a súa casa... ou que teñen os seus fillos enterrados nos cascallos... experiencias tan fortes que quedan desorientas, non saben onde ir, con quen comunicarse..."
Desde Xinzo de Limia, a psicóloga venezolana Rosa Trujillo colabora na iniciativa EnLínea, de apoio psicolóxico ás vítimas dos terremotos.
"Despois é a aceptación da realidade. Perdín o meu fillo, os meus pais, a miña casa... Pero estamos vivos, díxome unha persoa que me chamou para que a atendera", sinala Trujillo.
Tamén se dirixen aos familiares, incluídos os que viven a traxedia desde a distancia e aos que aconsellan filtrar e dosificar a información.
"Non estar todo o día coas redes, vendo cousas. Porque iso é unha intoxicación psíquica e non é bo", aconsella.
De momento son unha vintena de profesionais, da Plataforma de psicólogos venezolanos, pero animan a que se sume máis xente para axudalos a combater o que denominan terremoto emocional.