Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un artista da madeira que crea coches moi especiais

Un artista da madeira que crea coches moi especiais

O arzuán, Agustín Villar empezou de xeito autodidacta no mundo da madeira e acabou creando proxectos moi singulares

G24.gal 28/06/2026 21:49

Agustín leva vivindo da madeira toda a vida, pero nunca a traballou. Hai dez anos empezou darlle forma ás cepas que atopaba na súa dedicación forestal e de aí afondou en proxectos de todo tipo.

"Empecei facendo uns portais de madeira, gustoume traballar na madeira e fun a máis", comenta este arzúano metido a artista autodidácta.

Ata que se lle ocurriu facer un coche e, por suposto, todo de madeira.

"Despois o que fixen a bicicleta mais a moto, pois acordoume facer un coche. Houbo quen me dixo: es ben atrevido por facer un coche", comenta Agustín Villar, artista autodidacta.

E o coche tiña que ser unha escolla especial. 

"Comprei un Seiscentos, que me custou cincocentos euros e fun copiando, discorrindo como había que colocar a madeira porque eu nunca vin facer un. As portas dan moito traballo porque hai que poñerlle cristais que suban e facerlle todos os peches. É bastante complicado", conta este veciño da parroquia arzuá de Pantiñobre.

Comprei un Seiscentos, que me custou 500 euros e fun copiando, discorrindo como había que colocar a madeira porque eu nunca vin facer un. O que máis me custou foron as portas. Dan moito traballo porque hai que poñerlle cristais que suban e facerlle todos os peches. É bastante complicado.

Pero ademais de ser de madeira, este Seiscentos tan especial vén con sorpresa.

"A idea foi sempre que tivese motor. Cando ven que o movo, que arrinca o motor, din: pero ten motor. É moita a xente que pregunta se ten motor. Cando o ven, alucinan", refrenda.

Pendente de novos proxectos polo momento Agustín desfrutará do conseguido expoñendo o seu singular Seiscentos na Feira de Curtis a finais de xullo.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade