Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños da Milgrosa de Lugo levan máis de tres anos convivindo cunha casa en ruínas

Os veciños da Milgrosa de Lugo levan máis de tres anos convivindo cunha casa en ruínas

A vivenda quedou en ruínas despois de recibir o impacto dun coche que fuxía da policía

G24.gal 28/06/2026 20:59

Os veciños da contorna da rúa dona Urraca, no barrio da Milagrosa de Lugo, levan tres anos e medio convivindo cunha casa que quedou en ruínas despois de recibir o impacto dun coche que fuxía da policía. Corenta meses despois, están algo cansos.

"Non teñen que arranxala, teñen que tirar todo e abrir a rúa, que existe un proxecto de moitos anos atrás", comenta un veciño.

O dono da casa xa faleceu e agora existe a dubida de quen ten que ser responsable, aínda que os que comparten rúa con ela, xa foron preguntar.

"Eu chamei ao concello e existe unha orde de derrubamento", comenta a veciña máis próxima a vivenda.

Unha orde que polo momento non se executa e que esta a traer problemas para os veciños.

Eles só queren una cousa, que as vistas das súas casas non dean a unha vivenda en ruínas

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade