Arde unha das antigas vivendas de Fenosa en Chantada
Investíganse a orixe dun lume que acabou con todo o edificio
Pasaban as dúas da madrugada deste domingo cando os bombeiros de Chantada reicibiron unha chamada informando dunha casa que estaba ardendo nas proximidades do encoro de Belesar, no lugar de Xan Pereiro, na parroquia de Sanfiz.
Cando chegaron os bombeiros xa non deron salavado o edificio, que ardeu na súa totalidade.
Trátase dunha das vivendas construídas por Fenosa hai unha trintena de anos e que se ofrecían aos empregados para pasar as vacacións. En concreto esta era a mellor e a máis grande de todas e estaba reservada para o persoal de maior cualificación. Posteriormente Naturgy, a actual propietaria, cercou a casa e así permanece.
Polo de agora estase investigando a orixe dun lume ao que, ademais dos bombeiros do parque de Chantada, tamén viñeron os forestais, a Garda Civil e a Policía Local.