Cargando resultados...
Evacuada en helicóptero tras caer dun patinete e quedar inconsciente en Castroverde
G24.gal
26/06/2026 16:45
Unha persoa foi evacuada este venres a bordo dun helicóptero medicalizado despois de caer cando circulaba nun patinete e de quedar inconsciente a causa do golpe en Castroverde.
Segundo o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o sinistro produciuse arredor das nove e media da mañá deste venres.
Un particular chamou ás 09:38 horas ao 112 para solicitar asistencia sanitaria para unha persoa que caera dun patinete e estaba inconsciente.
Alertados os servizos sanitarios de emerxencias, para auxiliar á vítima despegou o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense.
O 112 confirmou que, tras prestarlle os primeiros auxilios á vítima, foi evacuada en helicóptero ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).