Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un camioneiro nun accidente na AP-53 ao seu paso polo municipio coruñés de Vedra

Morre un camioneiro nun accidente na AP-53 ao seu paso polo municipio coruñés de Vedra

O vehículo impactou contra unha varanda da autoestrada ao seu paso pola parroquia de San Mamede de Ribadulla

Os equipos sanitarios practicáronlle a reanimación cardiopulmonar, pero finalmente non puideron salvarlle a vida 

Accidente mortal na AP-53 ao seu paso polo municipio de Vedra Accidente mortal na AP-53 ao seu paso polo municipio de Vedra
G24.gal 26/06/2026 17:36 Última actualización 26/06/2026 17:45

Un camioneiro faleceu este venres nun accidente na AP-53 ao seu paso polo municipio coruñés de Vedra arredor das tres da tarde deste venres, segundo informou o 112. A pesar de que se mobillizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os equipos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida despois de practicarlle unha reanimación cardiopulmonar,

O 061 informou o 112 Emerxencias do acontecido, información ratificada poucos minutos despois por un particular, quen explicou que o camión impactara contra a varanda na AP-53, ao seu paso pola parroquia de San Mamede de Ribadulla.

Alertaba de que o condutor permanecía no interior da cabina e necesitaba asistencia sanitaria urxente. Ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Ordes, o GES da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade