Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche de autoescola envorca no Porto do Son e o seu condutor queda ferido leve

Un coche de autoescola envorca no Porto do Son e o seu condutor queda ferido leve

O instrutor que conducía o vehículo de prácticas bateu contra uns morróns, na localidade de Portosín, e o coche quedou na estrada coas rodas cara a arriba

G24.gal 13/10/2026 12:17

Un coche de autoescola envorcou este martes na localidade coruñesa de Portosín, no Porto do Son, sen que se producisen feridos de consideración a pesar da aparatosidade do accidente.

O sinistro produciuse no centro urbano, na estrada AC-550, que comunica a vila de Noia coa de Ribeira. O vehículo de prácticas ía conducido nese momento por un instrutor que, segundo as primeiras informacións, sufriu un despiste ou quedou durmido ao volante e subiu por uns morróns situados na marxe dereita da estrada.

Tras o impacto cos pivotes o coche envorcou xusto a carón dun parque infantil. A pesar do forte golpe, tras recibir aos primeiros auxilios no lugar do sinistro, só se observaban feridas superficiais no condutor. Malia todo, foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario para realizarlle un exame máis en profundidade.

Por fortuna, neses momentos no había peóns camiñando na beira da estrada, polo que non hai máis implicados no sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos