Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparatoso accidente na Fervedoira, en Lugo, cun condutor ferido

Aparatoso accidente na Fervedoira, en Lugo, cun condutor ferido

O seu vehículo caeu varios metros por un desnivel cara ao río, polo que tivo que ser trasladado nunha ambulancia

Estado en que quedou o coche da vítima do sinistro
Félix Aragunde 14/10/2026 13:30

Saíu da vía, saltou a barreira de protección e finalmente o coche acabou caendo por un desnivel de varios metros. Así de aparatoso foi o último accidente de tráfico rexistrado na Fervedoira, en Lugo, en que resultou ferido o condutor do vehículo implicado. Segundo as testemuñas do suceso, tratábase dun home de idade avanzada que circulaba moi amodo mentres se desviaba do seu carril cara ao río. 

Tras alertaren o 112, ata o lugar do sinistro desprazáronse os bombeiros e mais os efectivos da Policía Local, que regularon o tráfico e organizaron un dispositivo para rescatar o coche. Pola súa banda, a vítima precisou atención médica por parte dos sanitarios do 061 que acudiron no seu auxilio e posteriormente foi trasladado ao HULA.  

Non foi o único vehículo que se precipitou polo desnivel da Fervedoira no que vai de ano. A finais de abril, a escasos metros de distancia, un taxi quedara suspendido na caída cara ao río e os catro ocupantes puideron saír ilesos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade