Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan a sete anos de prisión o home acusado de agredir sexualmente outro no Barco de Valdeorras

Condenan a sete anos de prisión o home acusado de agredir sexualmente outro no Barco de Valdeorras

A setenza establece como "claro, reiterado, concluínte e digno de crédito" o testemuño da vítima

EP 26/06/2026 16:12

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a sete anos de prisión, así como ao pago dunha indemnización de 10.000 euros por dano moral, ao home acusado de agredir sexualmente a outro no Barco de Valdeorras.

Segundo recolle a sentenza, a Sala considerou "claro, reiterado, concluínte e digno de crédito" o testemuño da vítima, quen "en todo momento" relatou de forma "verosímil e crible" os feitos.

Neste sentido, incidiu na coincidencia na declaración da vítima "desde a denuncia inicial ata o plenario", sinalando que a súa versión "aparece corroborada polas probas documental, pericial e testifical practicadas" no xuízo celebrado este pasado martes.

Amais dos sete anos de prisión, o acusado foi condenado á prohibición de achegarse á vítima a menos de 300 metros, así como de comunicarse con el durante 10 anos, e á inhabilitación para o exercicio de calquera emprego ou actividade que conleve contacto con menores durante 10 anos.

En concreto, durante a tarde do 17 de novembro de 2023, o acusado enviou unha mensaxe a través da aplicación de WhatsApp á vítima en que lle indicaba que quería falar con el, acudindo o prexudicado ao seu domicilio, no Barco de Valdeorras.

Unha vez na vivenda do agora condenado, a vítima dirixiuse ao cuarto deste, onde, tras unha breve discusión, o acusado pediu ao denunciante que lle practicase sexo oral, ao que el se negou.

Ante a negativa, o penado "deu a volta" á vítima, "tombouno sobre a cama e inmobilizouno", procedendo entón a baixarlle o pantalón e calzón e a agredilo sexualmente "ata acabar o acto sexual, chegando a exacular".

Neste sentido, mentres estes feitos se producían, a vítima "opúxose desde o seu inicio a tal acto sexual, á vez que lle pedía ao acusado que parase"

Finalmente, o prexudicado abandonou o domicilio do inculpado para desprazarse "inmediatamente" ao Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras, onde procedeu a denunciar os feitos e recibir atención médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade