Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta un ano de prisión por agresión sexual a unha muller á que atacou no baño dun centro comercial de Vigo

Acepta un ano de prisión por agresión sexual a unha muller á que atacou no baño dun centro comercial de Vigo

A execución da pena de prisión quedou suspendida durante 2 anos, coa condición de que o home non delinca nese tempo, que pague a responsabilidade civil e que se someta a unha programa formativo de educación sexual

G24.gal 14/09/2026 14:03

Un home acusado dun delito de agresión sexual e outro de malos tratos de obra por atacar unha muller, á que acurralou nos baños do centro comercial Vialia de Vigo, aceptou a pena dun ano de prisión e 180 euros, tras recoñecerse autor dos feitos nunha vista preliminar no tribunal de instancia da cidade olívica, sección penal, praza 3.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron na noite do 16 de setembro de 2024, cando o acusado, C. J. S. Q., de 35 anos de idade entón, empezou a seguir a vítima, unha muller de 28 anos, que estaba a camiñar soa por un corredor.

Cando a moza lle preguntou por que a seguía, o procesado respondeulle dicindo que se ía masturbar mirándoa, á vez que tocaba o pene por encima do pantalón. A moza pediulle que a deixase en paz e meteuse no baño para protexerse, pero el seguiuna ata os aseos e alí, xa cos xenitais ao descuberto, comezou a tocarse mirándoa. Aínda que a vítima intentou pechar a porta en dúas ocasións, el abriuna dunha patada, achegándose a ela e tocándolle un peito.

A muller deulle unha labazada, pero el devolveulla e seguiu masturbándose. A moza entón dixo que ía chamar a Policía, momento en que o acusado saíu do baño e foise. A vítima alertou un vixilante de seguridade, que chamou a Policía, e o sospeitoso foi detido.

O procesado recoñeceu os feitos e aceptou a pena imposta por ambos os delitos, así como a inhabilitación durante 2 anos para exercer profesións ou oficios que impliquen contacto con menores. Tamén se lle impuxo a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante 3 anos e o pago dunha indemnización de 800 euros por danos morais.

A execución da pena de prisión quedou suspendida durante 2 anos, coa condición de que o home non delinca nese tempo, que pague a responsabilidade civil e que se someta a un programa formativo de educación sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade