Agresión sexual en Vigo: cinco homes violaron unha moza de 20 anos
Unha veciña da Travesía de Vigo número 98 chamou á Policía logo de escoitar os berros dunha muller pedindo axuda
A investigación segue o seu curso e polo momento non hai detidos
Unha moza de 20 anos denunciou este venres pola noite un suposto delito de agresión sexual con cinco homes involucrados.
A policía Local de Vigo que foi a que acudiu ao lugar dos feitos este sábado ás 07:08 h da mañá.
Unha veciña da Travesía de Vigo número 98 chamou á Policía logo de escoitar os berros dunha muller pedindo axuda. Contou aos axentes que a viu saltar un muro.
Cando chegou a patrulla policial á zona do parque de Matías, máis ben un terreo que un parque, atoparon tres mulleres. A presuntamente agredida por cinco homes, a veciña que alertou a policía e outra muller testemuña tamén dos gritos da denunciante.
Pola súa banda, a moza explicou que saíra de festa cun amigo e manifestou que fora agredida sexualmente por varios homes.
Os axentes activaron o protocolo ante un delito de agresión sexual e a moza de vinte anos foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Así mesmo, os axentes buscaron nos arredores e non localizaron ningunha persoa.
A investigación segue o seu curso e polo momento non hai detidos.