Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista tras unha saída da vía en Carnota

Falece un motorista tras unha saída da vía en Carnota

Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home duns 40 anos

G24.gal 13/09/2026 09:04

Un motorista faleceu tras sufrir unha saída da vía á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba, Carnota.

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou o 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada. O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Muros.

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home duns 40 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade