Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro detidos en Valencia por agrediren sexualmente en grupo a exmoza dun deles

Catro detidos en Valencia por agrediren sexualmente en grupo a exmoza dun deles

A muller foi obrigada en varias ocasións a manter relacións sexuais con el e con tres homes máis –o irmán e dous amigos deste

G24.gal 09/09/2026 11:07 Última actualización 09/09/2026 11:42

Axentes da Policía Nacional detiveron en Valencia catro homes de 44 a 53 anos por, presuntamente, agrediren sexualmente en grupo a exmoza dun deles. Tamén lle imputan a este un delito de malos tratos.

Segundo fontes policiais, a vítima, baixo ameazas de ser golpeada, foi obrigada pola súa exparella a manter relacións sexuais con el, co seu irmán e con dous amigos.

O pasado 11 de agosto, unha muller presentouse en dependencias da Policía Nacional solicitando asesoramento sobre condutas de acoso, ameazas e agresións sexuais exercidas por parte da súa exparella mentres mantiñan unha relación sentimental.

Ante os feitos narrados e o asesoramento prestado por axentes da Unidade de Atención á Familia e á Muller (UFAM), a vítima accedeu a interpoñer denuncia.

Os axentes pescudaron que a muller foi obrigada en varias ocasións a manter relacións sexuais coa súa parella e con tres homes máis –o irmán e dous amigos deste. Se a vítima se opoñía ás esixencias da súa exparella, este home chegaba a agredila fisicamente e ameazala con difundir as imaxes sexuais que gravaba co seu teléfono móbil sen o consentimento dela.

Conseguiuse localizar en primeiro lugar a exparella da vítima, un home de 51 anos, que foi detido como presunto responsable dos delitos de agresión sexual e malos tratos no ámbito da violencia de xénero.

Posteriormente, unha vez identificados o resto de sospeitosos, procedeuse ao seu arresto como presuntos autores dun delito de agresión sexual e todos eles pasaron á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade